jueves, 27 de septiembre de 2012

Dinamarca (IV)

Dia 6: Outro dia en Hjørring, pero ultimo na casa de Bent, xa que non podia acollerme mais por ter un compromiso familiar. Almorzo un tanto triste, mais con proposito de voltar a vernos, ben en Dinamarca, ben en Hjørring... Chegada ao centro, e visita a clase de musica. Nela puiden ver que ali cantan moito, moitisimo, e fano acompanhados de instrumentos, percusion corporal... Iso si, non asistin a ningunha clase teorica por razons da linguaxe, pero polo xeral, levo moi moi boa impresion do seu sistema, e probablemente poida aplicar algunhas cousas en Chantada... claro que o do espazo e o dos medios, vaia... mellor non falar delo... Logo asistin a unha clase de relixion (dada por Bent) na que se falaron das diferenzas entre o catolicismo e o protestantismo (a materia de relixion en Dinamarca e Historia das Relixions, e loxicamente e obrigatoria, xa que non so trata unha crenza en concreto como en Espanha... sobra dicir nada mais), e outra (con Nina) de castelan. Comida frugal, e preparacion con 5 alumn@s galeg@s da presentacion que lles teriamos que ofrecer a todo o alumnado danes que escollera castelan como optativa. Para elo contamos co salon de actos. Despois, separacion en dous grupos dos 200 alumnos de castelan: un deles farian uns xogos educativos co profesorado de castelan e o alumnado galego, e o outro asisitiria a unha pequena clase de baile tradicional galego (impartida por min), na que aprenderon uns pasos basico da muinheira (loxicamente, empreguei a Muinheira de Chantada a tal efecto); e despois, cambiarian para que todos puideran facer todo. A experiencia do baile, eu creo que moi positiva: xente moi receptiva, moi interesada, que ademais collian as cousas moi rapido. E eu creo que, polo menos, marcharon cun sorriso para casa e cunha boa sensacion do baile e a festa galega. A continuacion, entrega de regalo institucional a directora do instituto de Hjørring, xa que probablemente non voltaremos a vela, e viaxe xunto con Maricarme a casa de Susan, a minha nova anfitriona, dende onde escribo estas verbas agora mesmo, e onde interrumpo a minha narracion ate outro momento... Farvel!

Dinamarca (III)

Dia 4 (cont.): Sigo escribindo dende un ordenador con teclado danes... Logo de rematar a xornada laboral, recollin a bicicleta que Bent me deixou, e baixo unha importantisima choiva, voltei a sua casa... E incrible como aqui a xente non leva xeneralmente paraugas, vai sen tapar a cabeza, incluso en manga curta... e sobor de todo, caminha normal ou vai en bici a velocidade normal AINDA QUE CHOVAN CHUZOS!!! Cheguei a casa de Bent, e logo de secar a roupa e unha boa ducha, cea (19 horas) cun prato tipico feito por Bent a base de carne e verduras, cun pouco de curry, e mollado con cervexa feita en Hjørring. Despois, conversa ate case as 00 horas, e a durmir... Dia 5: Bent recibeme coas novas que venhen de Espanha... Sen comentarios (aqui, que con Bent houbo mooooito do que falar sobor o tema). Neste dia, mercores, tinhamos cunha profesora de danes (non lembro o nome, sintoo) e Brit (profesora de ingles), unha excursion a Skagen, a cidade mais ao norte de Dinamarca, onde visitamos un fantastico museo de pintura impresionista (ainda que a nosa guia enrollouse un pouco coas tecnicas estructurais das pinturas, e iso en ingles faise todavia mais denso), unha fabrica de caramelos (vimos como se facian!!! e mercamos unha boa remesa deles), e chegamos ao punto mais norte do pais, onde se unen os dous mares (sacamos fotos cun pe nun mar -Kattegat-, e o outro noutro -Skagerrak-). Ah, e non quero esquecer, que de caminho a Skagen, visitamos unha igrexa semi-enterrada na area dunhas dunas (e unha zona moi arenosa, que no pasado estaba baixo o nivel do mar): Tilsandede Kirke... marabilloso... Logo dunha frugal comida (en Dinamarca, so hai duas comidas potentes: o almorzo e a cea, e polo medio, segundo van tendo tempo, pican aqui e alo... case sempre levan uns bocadinhos feitos na casa), visita aos bunkeres que os nazis fixeron na II Guerra Mundial, logo de ocuparen o pais, na localidade de Frederikshavn, e retorno a Hjørring as 16 horas. Incribles os daneses coa puntualidade e eficiencia! Pola tarde, cafecinho no centro comercial da vila coas minhas companheiras, no que falamos das nosas vivencias diversas, e volta a casa de Bent para outra cea fantastica (desta vez cunha sidra de pera e un oruxo local que chaman "medicinha", he, he), na que falamos de moitisimos temas diversos, e na que incluso cantamos pezas danesas e galegas... Unha xente fantastica, abofe que si... E a durmir, que xa cumpria...

martes, 25 de septiembre de 2012

Dinamarca (II)

Dia 3: O terceiro dia (estou a escribir dende un ordenador danes, asi que non hai tiles, nin enhes, nin nada... iso si, hai æ, ø, å, ¤ e §... mola!!!) iniciamos a viaxe dende Copenhague ate Hjørring (agora si que o pode escribir ben) en autobus: 7 horas de viaxe polas planicies danesas (non hai montanhas) e cruzando o mar por pontes ou tuneles entre as illas e o continente que forman o pais. A chegada, recepcion por parte da directora, alguns profesores e profesoras, e o alumnado que recibia aos nosos nas suas casas, quen se encargou de facer a cea a base de pratos tipicos da zona. A continuacion, marchei con Bent, profesor de Castelan e Relixion no instituto, a sua casa, xa que ate o xoves quedarei con el na sua casa. Conhecin a sua dona e a seu fillo pequeno, e por suposto, a sua cadela (espero lembrarme do nome noutra ocasion para podelo escribir ben), quen me olisqueou toooodo o que quixo. Un bo tempo de toma de contacto sobre a situacion de Espanha en comparacion con Dinamarca, e a durmir, que xa cumpria. Dia 4: Cedo, moi cedo, me erguin para un almorzo danes (e dicir, abundante e potente), e primeira sorpresa, xa que, para a minha comodidade de movemento, e non ter que depender de Bent, deixoume unha bicicleta, coa que nos achegamos ao instituto a traves dun fermoso parque. Cafecinho na sala de profesores, onde me presentaron a varios companheiros de materia, e reencontro co alumnado e as minhas companheiras de fatigas, Ita e Carme. Dia de clases e inevitables comparacions entre os sistemas educativos de ambolos dous paises... e unha enorme envexa ao ver as aulas de musica (hai 5 profesores, con cadansua aula, e un par delas mais grandes para recitais, ensaios e demais!!!), coa sua equipacion, e saber que as extraescolares que se fan contan non horario lectivo. Pero como non e lugar de comentar isto polo miudo, dicir que, polo xeral, hai cousas que se poderian levar a cabo en Galiza e Espanha, e outras que non as vexo moi posibles, tanto polo noso xeito de ser, como polas imposibilidades de espazo, tempo, e por suposto economicas... Mais ainda non acabou o dia (son as 16:49), asi que xa completarei esta narracion noutro momento...

domingo, 23 de septiembre de 2012

Curso 2012/2013: Dinamarca (I)

O pasado curso non houbo moito que facer, e polo tanto que poñer neste blogue, polas movidas acontecidas co das extraescolares na educación pública (e das que o noso centro tampouco se librou, mais das que nestes momentos nada hai que falar e refalar...), mais este ano é e será diferente (esperemos...). Para abrir boca, comezaremos cun pequeno diario do intercambio co instituto de Hjoerring de Dinamarca, no que iremos poñendo impresións e algunhas fotos... Día 1: Saída de Chantada a bordo dun autobús de Manolete. Vintecatro rapaces e rapazas, e tres profesores, cara a Terminal 1 de Barajas, Madrid. Pouco se durmiu... Día 2: Voo nun Easy Jet (uf, sempre vendendo cousas e máis cousas os tripulantes da cabina, e non precisamente baratas!) cara Copenhague. Chegada ao aeroporto a iso das 11:05, e primeiro contratempo, xa que unha alumna non deu atopado a súa maleta: unha persoa allea á excursión confundiunha coa dela... Mais un par de horas despois, todo aclarado, pero o susto foi gordo... e vaia, a maleta tardou bastante máis tempo en voltar ás mans da súa propietaria. Visita panorámica da cidade nun autobús no que Patricia, guía local, nos amosou os sitios máis importantes da capital danesa... e para mostra, as seguintes imaxes...
Logo, descanso no hotel First Hotel Oesterport, cea ás 18:30 horas (por fin algo de comida!) nunha hamburguesería local (con opinións dispares... para min fantástica), paseo nocturno... e ás 22 horas a durmir (os horarios son algo diferentes, como ben se pode ver...). Mañá máis...