domingo, 23 de septiembre de 2012

Curso 2012/2013: Dinamarca (I)

O pasado curso non houbo moito que facer, e polo tanto que poñer neste blogue, polas movidas acontecidas co das extraescolares na educación pública (e das que o noso centro tampouco se librou, mais das que nestes momentos nada hai que falar e refalar...), mais este ano é e será diferente (esperemos...). Para abrir boca, comezaremos cun pequeno diario do intercambio co instituto de Hjoerring de Dinamarca, no que iremos poñendo impresións e algunhas fotos... Día 1: Saída de Chantada a bordo dun autobús de Manolete. Vintecatro rapaces e rapazas, e tres profesores, cara a Terminal 1 de Barajas, Madrid. Pouco se durmiu... Día 2: Voo nun Easy Jet (uf, sempre vendendo cousas e máis cousas os tripulantes da cabina, e non precisamente baratas!) cara Copenhague. Chegada ao aeroporto a iso das 11:05, e primeiro contratempo, xa que unha alumna non deu atopado a súa maleta: unha persoa allea á excursión confundiunha coa dela... Mais un par de horas despois, todo aclarado, pero o susto foi gordo... e vaia, a maleta tardou bastante máis tempo en voltar ás mans da súa propietaria. Visita panorámica da cidade nun autobús no que Patricia, guía local, nos amosou os sitios máis importantes da capital danesa... e para mostra, as seguintes imaxes...
Logo, descanso no hotel First Hotel Oesterport, cea ás 18:30 horas (por fin algo de comida!) nunha hamburguesería local (con opinións dispares... para min fantástica), paseo nocturno... e ás 22 horas a durmir (os horarios son algo diferentes, como ben se pode ver...). Mañá máis...

No hay comentarios: