miércoles, 10 de octubre de 2012

O aparello auditivo (1º BACH)

O aparello auditivo. 1. O oído: é o órgano responsable da audición e do equilibrio. 2. Estrutura do oído: Oído interno: é un conduto que está relacionado co sentido do oído e co equilibrio. Oído medio: encóntrase na caixa do tímpano. A súa cara esterna está formada por a membrana timpánica; e o tímpano que é o que o separa do oído externo. Oído externo: é a parte que recolle as ondas sonoras do ambiente e as leva ao oído interno. 3. Equilibrio. As canles semicirculares e o vestíbulo están relacionadas co equilibrio. Hai uns pelos que detectan os cambios de posición da cabeza. As tres canles esténdense dende o vestíbulo formando ángulos máis ou menos rectos entre si, o cal permite que os órganos sensoriais rexistren os movementos que a cabeza realiza en cada un dos 3 planos do espacio (arriba, abaixo, esquerda, dereita, adiante ou atrás).Sobre as células pilosas do vestíbulo hai uns cristais de carbonato de calcio , chamados otolitos.Cando a cabeza se inclina os otolitos cambian e os pelos responden ao cambio de presión .Os ollos e outras células tamén axudan no equilibio . Si o oído está dañado, se producen problemas de equilibrio. 4. Gama de frecuencias que escoitan os animais. Moitos animais escoitan una gama de frecuencias máis ampla ca dos seres humanos .Por exemplo: os silbatos para cans vibran a una frecuencia alta, que os seres humanos non son capaces de detectar; mentras que certas evidencias suxiren que os delfíns e as baleas se comunican con frecuencias fora do alcance do oído humano (ultrasons). O rango máximo de audición nos seres humanos inclue frecuencias de sons dende 16 ata 20.000 ciclos por segundo .A sensibilidade do oído á intensidade do son (volumen) tamén varía con a frecuencia .A sensibilidade aos cambios de volumen é maior entre os 1.000 e os 3.000 ciclos, de maneira que se pode detectar cambios dun decibelio. 5. Os otorrinolaringólogos. A maior parte das enfermedades do oído que implican procesos infecciosos, inflamatorios o alérgicos, son tratadas por médicos coñecidos como otorrinolaringólogos, que son os especialistas na larinxe, no nariz e nos oídos.Os ciruxanos otorrinolaringólogos tratan problemas como a otosclerose , o trauma físico e a drenaxe dos tecidos infectados que precisan de operación quirúrxicas.