martes, 2 de octubre de 2012

Dinamarca (VII)

Día 9 (xa nun teclado "completo": Ains, último día nesta fermosa terra, e con esta xente marabillosa... Quen dixo que os nórdicos son tan fríos? Vaia, nós tamen viñemos nunha situacion especial, e cecais iso axuda, pero a liberdade e facilidades que tanto Bent como Susanne me tenhen brindado, e o mesmo poden dicir o resto dos expedicionarios, é abrumadora. Hoxe puiden levantarme máis tarde, como a iso das 8:45 da mañá (que pensabades?). Un bo almorzo na compaña de toda a familia, e primeiras risas do día, xa que os xemelgos de Susanne (8 anos) estiveron a corrixirme a minha lectura en danés con algún dos libros que están a ler na escola. Deberon pensar que este galego era un pouco tonto, he, he... pero é que hai palabras en danés que abofé son impronunciables!!!. Con Susanne, fomos a recoller no seu coche a Ita, xa que neste día final, parte do profesorado de castelán do instituto de Hjørring (Nina, Monica e a propia Susanne), querían ofrecernos unha comida nun pobo costeiro do norte. Asi, puidemos visitar (logo dunha boa pateada) o faro de Rubjerg Knude (cuberto pola area da praia que o intenso vento e as ondas do mar arrastran continuamente, achegándose uns 8 metros anualmente cara o mar, quen pouco a pouco vai vencendo á terra firme) e as praias que o arrodean; a igrexa e o cemiterio en ruínas de Maarup; o pobo de Monstrup, onde comemos no seu coñecido restaurante da fábrica de vidro Glashuset unha boa variedade de pratos típicos desta zona do norte danés, e rematamos nunha pequena vila costeira onde puiden comprobar de novo a friaxe do mar danés na súa praia, de novo ateigada de búnkeres nazis da II Guerra Mundial. Voltamos (un servidor empapado) a casa de Susanne, onde Nils nos tiña preparadas unhas saborosas hamburguesas caseiras. Logo de despedirnos da familia (e dunha reñida partida de futbolín co pequeno da familia), fomos cara o instituto, onde habería unha pequena festa de despedida para o alumnado galego por parte das súas familias danesas e algúns profesores. Bailes conxuntos, pasteis, cafés e refrescos, risas, conversas, plans de voltar a verse, choros e bágoas... E ás 00 horas, cara o autobús que nos levaría ao aeroporto de Copenhage. Día 10: Pouco me enteirei da viaxe á capital danesa, xa que me espertou o atasco de entrada ao aeroporto. Espera de varias horas polo EasyJet que nos levaría a Madrid (con máis dunha hora de retraso), recollida dun Manolete Bus (ese Carreira!!!), e chegada a Ourense no que debería ser o Día 11 da expedición (miña naiciña, 25 horas de viaxe!!!). Canso, pero contento, moi moi contento... Que foi o mellor da viaxe? Sen dúbida toda a xente que coñecín e que con todo o agarimo do mundo me ensinaron do mellor xeito posible un pedaciño do seu día a día, do seu vivir e do seu sentir... Cada lugar recén descuberto sempre está vencellado á persoa coa que o descubriches por primeira vez... E todos eles forman agora parte da miña historia...

domingo, 30 de septiembre de 2012

Dinamarca (VI)

Dia 8: Uf, as 4:45 da manha... os meus ollos non dan creto da hora, e o meu corpo, menos... Arrasntrando os meus pes, dirixome a cocinha, onde Susanne xa me ten preparado un cafe e o almorzo (son marabillosos estes daneses!!!). Diriximonos cara o instituto, dende onde viaxamos a Frederikshavn para coller un barco que nos levara a Götheborg, en Suecia, onde pasaremos unhas horas deste sabado. Non pensabamos, nin por asomo, que dito barco seria tan grande, con tendas, restaurantes, zonas de lecer, varias cubertas... O alumnado flipou, e un servidor, tamen... Puidemos facer unhas fotos fantasticas, e sentir o vento que sopra no mar nesta zona do mundo. Logo dunhas tres horas, entrada no fiordo de Götheborg (espectacular), e atraque de popa no seu porto. Unha boa caminhata cara o centro a traves do seu cinturon verde, que arrodea un dos canais que cruza a cidade, e tempo libre, xa que pouco tempo nos queda antes de coller o barco de retorno. Vimos o Opera Palace, o Stora Teatren, o porto deportivo, e por suposto, nova xornada de compras, mais desta vez, con coroas suecas (un pouco mais asequibles a nosa economia). Unha cidade moi pluricultural, con ruas fermosas, tranvia, e cun ambiente moi bullicioso que contrasta coa tranquilidade observada ate o momento no norte de Dinamarca. Outra boa caminhata cara o porto, de novo tres horas de viaxe cara Frederikshavn, 45 minutos en bus cara Hjørring, e en casa con Susanne e os seus, quen nos estaban agardando coa cea feita, xa que eles xa comeran un bo anaco antes (as 21 horas e tarde para eles; un pouco despois os seus fillos foron durmir). E para cama, que ia facendo falla, mais coa sabida charla entre os catro previamente.

Dinamarca (V)

Dia 6 (cont.): Conhecimos a familia de Susanne na tardinha deste sexto dia, ao seu marido e aos seus tres pequechos, ademais da sua cadelinha Bella... O fillo maior, Peter (10 anos), esta aprendendo a tocar a guitarra, asi que ponhemonos os dous a tocar algo coas partituras que esta ensaiando, e para igualar niveis, el toca, e eu canto en danes... Sobran os comentarios, mais as risas foron moitas. A continuacion, cea con pratos tipicos daneses, e unha boa conversa entre Susanne, Nils, Carme e mais eu. Dia 7: Almorzo de novo contundente (madrugon, coma sempre, mais dicir que Nils leva esperto dende as 5:30 para ir traballar...), e chegada ao centro as 7:45, pois hoxe toca coller un bus para visitar Aalborg. Faremos a viaxe con Nina e Brit (quen nos esperara ali), e tamen venhen connosco duas rapazas que estan a facer un intercambio de mais tempo: unha arxentina que pasara un ano, e unha valenciana que so estara un trimestre (mais non quero esquecerme dunha colombiana que tamen esta de intercambio, pero que non vira a esta excursion). No mesmo autobus co que fomos a Skagen o martes, e cuxo condutor e o pai dunha danesa que vinhera hai un par de anos a Chantada no primeiro intercambio, iniciamos a excursion polas terras danesas cara a cidade mais grande do norte do pais. Antes paramos nun cemiterio e antiga vila vikinga (o que nos conheceriamos como castro). Chegada a Aalborg, e inicio da visita a cidade da man dun guia local, quen nos ensina a parte antiga da mesma adornandoa con historias medievais de bruxas, inquisidores, amores, vinganzas... e outras mais modernas da epoca da II Guerra Mundial. Como curiosidade, dicir que coincidiu a nosa visita coa ordeacion dun pastor protestante na catedral, e puidemos ver a varias mulleres co "traxe de faena" dos cregos desa relixion. Tamen pasamos por un pasadizo empregado polos daneses contrarios ao nazismo, que se reunian nel para poder beber e falar tranquilos sen a companha dos soldados alemans. Dito grupo instituise nunha especie de asociacion que todavia se seguen a reunir, como tamen puidemos comprobar este dia (sorte? casualidade?). Logo da visita, fomos cara o porto, onde comemos algo no Restaurante Casa Blanca. Nel, Brit e Nina vingaronse deste servidor de cando vinheran a Chantada e as levara a comer cachucha de porco cocida, algo que non lles gustou demasiado. Elas fixeronme comer arenque marinado, cunha salsa moi forte de curry e ovo, e un oruxo local... Encantoume, asi que a vinganza non foi tal, he, he. Pola tarde, visita o Universitarium, edificio construido por un dos arquitectos mais famosos de Dinamarca, Jørn Utzon (quen desenhou o Opera House de Sidney), e no que puidemos ver diferentes mostras e actividades cientificas da man de tres encantadores guias: planetarivm, fotografia, cinema, son (espectacular o experimento das ondas sonoras e o tubo de Rubens), medicinha e optica... Fantastico, sen dubida algunha. E a continuacion, tempo libre para ir de compras por Aalborg. Nina foi a nosa guia, e abofe que aproveitamos ben o tempo. Volta no autobus cara Hjørring, e de novo cea en casa de Susanne (carne grellada!!!). Logo fomos ao centro da cidade, xa que xusto hoxe e un dos venres do ano no que os comercios van unha xornada de peche de tendas mais tarde (ate as 22 horas; normalmente as 18 horas esta todo pechado): feira de mostras, musica en directo, as ruas ateigadas... Un dia especial cun remate moi especial, completado marabillosamente cunha boa sesion de palique na casa de Susanne con ela e Nils, e cara a cama, xa que o sabado ia ser o dia mais canso, sen lugar a dubidas.