viernes, 19 de diciembre de 2008

Felices Festas a tod@s!!!

Ala, xa foi o festival deste ano... destrozamos as vosas orellas con cancións de Green Day, Nirvana, Amaral, Siniestro Total e unha baladiña de Demi Lobato...

Graciñas a todos polo voso apoio e ánimo... A ver se podemos mellorar para a seguinte, que temos que tirar para abaixo o polideportivo!!!

Felices Festas!!!

pd/ En breve colgaremos algunha gravación do festi... xa veredes, xa...

jueves, 11 de diciembre de 2008

Festival De Nadal Confirmado!!!

Xa hai día e hora para a actuación no Festival De Nadal do IES Lama Das Quendas... Será o vindeiro 19 de decembro ás 10:30 horas da mañá no pavillón... E ademais co equipo de son novo!!!

Vinde preparados para ser abouxados!!!

lunes, 1 de diciembre de 2008

Concerto Didáctico De Batería...

No vindeiro mes de marzo, Stefan Ramm da banda alemá de black metal Drengskapur estará no IES ofrecendo un concerto didáctico de batería aos alumnos de música.

Xa vos podedes ir poñendo ao día co inglés, porque o que é en alemán...

jueves, 13 de noviembre de 2008

Pinhi co mítico Alberto Cereijo de Los Suaves!!!


Aquí subimos esta foto do Pinhi con Alberto Cereijo logo da masterclass que o mítico guitarrista da banda ourensá por excelencia Los Suaves deu no marco do Castañazo Rock deste ano 2008...

Graciñas a Alberto pola súa amabilidade e colaboración con este espazo!!!

martes, 11 de noviembre de 2008

Festival De Nadal

Nas vindeiras semanas estaremos ensaiando e preparando os temas que formarán parte da nosa actuación no Festival de Nadal que se celebrará no IES o 19 de decembro... Esperade cancións do noso antiguo repertorio (Amaral, Maná...) e outras de nova adquisición (Green Day, Nirvana, Celtas Cortos...).

A ver se conseguimos facer unha boa festa rachada!!!

lunes, 27 de octubre de 2008

Benvidos!!!

Saúdos dende o IES Lama Das Quendas de Chantada!!!

Este blogue está ideado para amosar todo o que faremos nas actividades extraescolares de música durante este curso...

Mais o primeiro será presentar a todos os que formamos este grupo de alumn@s...

Irma Rodríguez Baeza
Ana Lage Cagide
Rakel Pateiro Losada
Sariña
Jordi
Pinhi
Antón
Guille "Lechón"
Iaguinho
Christian "Heavy"
Xabi "Bugui"
Pablo Suárez

todos mal aconsellados por Juan "Nocturno"...

Sede libres de facer comentarios, aportar ideias...

Vémonos!!!