jueves, 17 de noviembre de 2022

Ludwig van Beethoven: dúas obras de piano.

Traballo feito por Alda López Moure sobre Ludwig van Beethoven e as súas sonatas "Appassionata" e "Os adeuses" para a materia de Hª da Música e a Danza, curso 2021/2022.

Frédéric Chopin: música para piano

Traballo feito por Teresa López Moure sobre Frédéric Chopin e a súa música para piano para a materia de Hª da Música e a Danza, curso 2021/2022.

lunes, 14 de noviembre de 2022

Monodia medieval

Alumnado de Hª da Música e a Danza de 2º de Bacharelato interpreta "Mia irmana fremosa" de Martím Códax e "A chantar m'er de so qu'ieu non volria" de Beatriz de Dia.

Frauta doce: Merchi e Pablo.
Ukeleles: Ángela, Iria, Paula N., Paula P., Yanira, Lucía, Xurxo, Miguel e Isaac.
Teclado: Juan.

Día das escritoras 2022 (III)

Recitado de "Lía e as zapatillas de deporte" de María Reimóndez nas voces do alumnado de 1º ESO B da profesora de Lingua e Literatura Galega María Tareixa de Castro Rodríguez, con música composta por Juan Manuel Vázquez.

Día das escritoras 2022 (II)

Recitados de Safo polas alumnas de Grego de 1º de Bacharelato e a súa profesora María Inés Rodríguez López. Voces de Ruth Domínguez Lorenzo, Alba López Saa, Fátima Oulbaraka, Claudia Salgado Negral e Lucía Taboada Martínez.

Noel Cortiñas Vallo e Jonathan Machado Dias de Proxecto Competencial de 3º de ESO na técnica.

lunes, 17 de octubre de 2022

Día das escritoras 2022 (I)

Recitado de textos de Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Gloria Fuertes, Ledicia Costas e Stephanie Meyer por alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial, nunha actividade conxunta entre a Biblioteca, o Club de Lectura "A Quenda do Libro" e o Departamento de Música do IES Lama das Quendas de Chantada. Voces de Mario Tiago Machado Dias, Kholoud Lahrach Chanaa, Érika Águila Fernández, Pablo Blanco López, Isaac Taboada Fernández, Artai López Sanmartín, Brian Águila Fernández, Erea Guitián Fernández e Leonor Pacheco Gay. Noel Cortiñas Vallo (3º de ESO de Proxecto Competencial) na produción técnica.

Música "Quantas sabedes amar amigo" de Martím Códax (s. XIII), con arranxo de Juan Manuel Vázquez.

lunes, 19 de septiembre de 2022

miércoles, 22 de junio de 2022

Airiños. airiños aires: O exilio, a música, a poesía...

Recitado de poemas de Florencio Delgado Gurriarán sobre a composición Airiños, airiños aires da nosa Rosalía, musicada por Antonio Jaunsarás, formidábel músico navarro asentado en Ourense que foi organista da catedral, mestre de mestres e compositor. A escolla veu motivada, ademais de pola súa beleza, pola súa temática, pois o homenaxeado deste 2022 é chamado o poeta do exilio.

Podcasts feitos en colaboración coa biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

martes, 21 de junio de 2022

Vampir

Curtametraxe con guión, música, interpretación, gravación e montaxe polo Grupo do Terror durante o terceiro trimestre (ao abeiro da lectura de Dracula de Bram Stoker) e o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.



Electra en cinco retrincos...

Audiovisual feito por alumnado de Música de 4º da ESO e do club de lectura "A Quenda do Libro" sobre o "Electra" de Eurípides e atmosferas musicais do Expresionismo alemán.



viernes, 17 de junio de 2022

Vampir, estrea no Espazo Xove de Chantada...


 

Poesía e música...

O pasado mércores 15 de xuño tivemos unha actividade poético-musical na que Juan Manuel Vázquez puxo música e voz a tres poemas de Lois Pereiro e o convidado Antonio Ricón interpretou algunhas das cancións de Bob Dylan. Foi de mañá no Salón de Actos e para alumnado de 3º e 4º da ESO.


 

sábado, 23 de abril de 2022

Taller de poesía con Branca Trigo e Adrián Maceda...


Hoxe é o Día do Libro, e que mellor que celebralo na mañá de onte cun taller de poesía impartido polas poetas Branca Trigo e Adrián Maceda ao alumando de 3º e 4º da ESO do Lama das Quendas. Imensas grazas por unha actividade tan marabillosa!

martes, 8 de marzo de 2022

8M, Día Internacional da Muller 2022

O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
No Lama das Quendas estivemos estas pasadas semanas, en colaboración co Departamento de Música e o Club de Lectura "A Quenda do Libro", visualizando e debatendo nas aulas de 4º da ESO o filme "The Punk Singer", un documental centrado na figura de Kathleen Hanna, unha das iconas do movemento feminista punk 'Riot grrrl'.



miércoles, 9 de febrero de 2022

As cantigas de amor de Dom Dinís

Carlos Daniel Machado Dias da aula de Música de 4º de ESO e a profesora Laura Pérez García introducen as cantigas de amor de Dom Dinís sobre a interpretación que o grupo Meendinho fai de "A tal estado m'adusse, Senhor".

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amor-dom-dinis-audios-mp3_rf_82027979_1.html

As cantigas de amigo de Martín Códax

Inés Riocabo González da aula de Música de 4º de ESO introduce as cantigas de amigo de Martín Códax sobre a interpretación que Eduardo Paniagua e Calamus fai de "Ondas do mar de Vigo" na súa gravación "Medieval Women's Songs" de 1997.

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amigo-martin-codax-audios-mp3_rf_82027600_1.html