jueves, 17 de junio de 2010

Concertos Fin de Curso!!!

Coma tódolos anos, non queremos deixar de celebrar o tan esperado remate de curso cun pequeno concerto "desenchufado" (para os máis sibaritas, "unplugged") no que soarán temas de Mónica Naranjo e Paramore, interpretados por Yaritza, Ainoha e Tatiana Badiola e Raquel respectivamente, acompañadas na guitarra por Antón e Juan. Será na mañá do día 23 de xuño no Salón de Actos do IES.

Esa mesma tarde, ás 19 horas, o profe de música, Juan Manuel Vázquez, ofrecerá tamén un recital de guitarra clásica onde interpretará obras renacentistas, barrocas e contemporáneas.

Quedades tod@s invitados!!!