jueves, 9 de diciembre de 2010

THE BLACK EYED PEAS: The Time (Dirty Bit)


The Black Eyed Peas son orixinarios de Los Ángeles, California e está integrado por Will.i.am, Apl.de.ap, Taboo e Fergie. Son coñecidos mundialmente grazas á canción I Gotta Feeling que se converteu na quinta canción máis exitosa da historia musical. The time (Dirty Bit) é o primeiro sinxelo de The Black Eyed Peas do seu sexto disco The Beginning. Esta canción contén unha base da canción (I've Had) The Time of My Life, orixinalmente interpretada por Bill Medley e Jennifer Warnes na película de 1987 "Dirty Dancing". The Black Eyed Peas acostuma a facer cancións para as masas (ex: Now Generation), altamente comerciais pero sen abandonar os seus estilos propios como se demostra nesta canción.

Música pop provén do inglés “pop music”, que en realidade é a contracción de “popular music”. Entendese como música pop a una combinación de distintos xéneros musicais que son altamente populares dentro de una sociedade. Este tipo de música esta feita para ser altamente comercializada (ex: Where Is The Love?).

O hip hop é un movemento artístico que xurdiu en Estados Unidos a finais dos anos 1960 nas comunidades afroamericanas e latinoamericanas onde dende o principio destacaron se manifestacións características das orixes do hip hop, por exemplo, a música (funk, rap, Blues, DJing) e o baile (hustle, uprocking, lindy hop, popping, locking) (ex: One Tribe). Dance é un estilo musical composto especificamente para acompañar o baile e caracterizase por ter sons sintéticos, ritmos ben marcados e bastante repetitivos para ser facilmente bailables e con letras pegadizas (ex: Rock That Body).

R&B é usado para definir un estilo de música afroamericano que ten a súa orixe despois da desaparición da música disco nos anos 1980. Este estilo combina elementos del soul, o funk, o dance e o hip hop.

Esta é una boa canción pero non alcanza o nivel dos seus últimos éxitos mundiais: Boom Boom Pow e I Gotta Feeling.

Xende Fernández Pérez