lunes, 28 de enero de 2013

Os finalistas de Relatos con Banda Sonora


Presentamos aos tres alumnos de 2º de ESO finalistas do concurso de Relatos con Banda Sonora.
Dende o 29 de xaneiro ata o día 1 de febreiro calquera alumno do centro pode votar na urna que estará a vosa disposición diante da aula de música durante os recreos. Haberá unhas papeletas nas que elixiredes ao que máis vos guste dos tres finalistas e nas que escribiredes o voso nome, apelidos e curso (para evitar duplicidade de votos).