martes, 2 de octubre de 2012

Dinamarca (VII)

Día 9 (xa nun teclado "completo": Ains, último día nesta fermosa terra, e con esta xente marabillosa... Quen dixo que os nórdicos son tan fríos? Vaia, nós tamen viñemos nunha situacion especial, e cecais iso axuda, pero a liberdade e facilidades que tanto Bent como Susanne me tenhen brindado, e o mesmo poden dicir o resto dos expedicionarios, é abrumadora. Hoxe puiden levantarme máis tarde, como a iso das 8:45 da mañá (que pensabades?). Un bo almorzo na compaña de toda a familia, e primeiras risas do día, xa que os xemelgos de Susanne (8 anos) estiveron a corrixirme a minha lectura en danés con algún dos libros que están a ler na escola. Deberon pensar que este galego era un pouco tonto, he, he... pero é que hai palabras en danés que abofé son impronunciables!!!. Con Susanne, fomos a recoller no seu coche a Ita, xa que neste día final, parte do profesorado de castelán do instituto de Hjørring (Nina, Monica e a propia Susanne), querían ofrecernos unha comida nun pobo costeiro do norte. Asi, puidemos visitar (logo dunha boa pateada) o faro de Rubjerg Knude (cuberto pola area da praia que o intenso vento e as ondas do mar arrastran continuamente, achegándose uns 8 metros anualmente cara o mar, quen pouco a pouco vai vencendo á terra firme) e as praias que o arrodean; a igrexa e o cemiterio en ruínas de Maarup; o pobo de Monstrup, onde comemos no seu coñecido restaurante da fábrica de vidro Glashuset unha boa variedade de pratos típicos desta zona do norte danés, e rematamos nunha pequena vila costeira onde puiden comprobar de novo a friaxe do mar danés na súa praia, de novo ateigada de búnkeres nazis da II Guerra Mundial. Voltamos (un servidor empapado) a casa de Susanne, onde Nils nos tiña preparadas unhas saborosas hamburguesas caseiras. Logo de despedirnos da familia (e dunha reñida partida de futbolín co pequeno da familia), fomos cara o instituto, onde habería unha pequena festa de despedida para o alumnado galego por parte das súas familias danesas e algúns profesores. Bailes conxuntos, pasteis, cafés e refrescos, risas, conversas, plans de voltar a verse, choros e bágoas... E ás 00 horas, cara o autobús que nos levaría ao aeroporto de Copenhage. Día 10: Pouco me enteirei da viaxe á capital danesa, xa que me espertou o atasco de entrada ao aeroporto. Espera de varias horas polo EasyJet que nos levaría a Madrid (con máis dunha hora de retraso), recollida dun Manolete Bus (ese Carreira!!!), e chegada a Ourense no que debería ser o Día 11 da expedición (miña naiciña, 25 horas de viaxe!!!). Canso, pero contento, moi moi contento... Que foi o mellor da viaxe? Sen dúbida toda a xente que coñecín e que con todo o agarimo do mundo me ensinaron do mellor xeito posible un pedaciño do seu día a día, do seu vivir e do seu sentir... Cada lugar recén descuberto sempre está vencellado á persoa coa que o descubriches por primeira vez... E todos eles forman agora parte da miña historia...

No hay comentarios: