viernes, 15 de octubre de 2010

QUEEN “A night at the opera” (1975)

O disco “A night at the opera” é o cuarto álbum da banda británica Queen. Foi gravado en 1975. Podemos destacar algunhas cancións como a de “Bohemian Rhapsody” e “You´re my best friend”. Tecnicamente, é un álbum moi complexo pola experiencia instrumental dos integrantes. Tamén cambia moito de estilo. Ten partes de rock, ópera, heavy metal, blues… E non só cambia de estilo dunha a outra canción, senón que nunha canción podemos atopar varios estilos, coma por exemplo en “Bohemian Rhapsody”, na que podemos apreciar varias partes de balada, de rock sinfónico, de ópera e de rock.

O vestiario é claramente dun grupo de glam rock, xa que empregan maquillaxe e roupas de muller.


Queen foron pioneiros en utilizar os amplificadores Vox AC30 en serie, e dese xeito obter máis potencia en directo. Isto débese ao guitarrista Brian May, que é astrónomo.


Miguel Álvarez Jorge.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pareceme a crítica máis correcta das presentes. Queen....que perversa decadencia.