miércoles, 13 de octubre de 2010

Concerto para violín en Re Maior, Op.35, de P.Tchaikovsky

Os músicos que interpretan esta peza forman parte dunha orquestra sinfónica composta por instrumentos de corda fretada, instrumentos de vento madeira e metal, e percusión, pero o que predomina é o violín principal, que é o encargado de entablar un diálogo co resto da orquestra. Dito diálogo é repetitivo, xa que preguntan e respostan coa mesma melodía na maioría dos casos. Hai unha parte na que o violinista principal amosa a súa destreza técnica.

Nesta peza hai 3 movementos: o primeiro rápido, o segundo máis lento e o último rapidísimo. As melodías son agradables e os músicos demostran unha grande destreza interpretando esta partitura.

Laura Varela González

No hay comentarios: