miércoles, 15 de diciembre de 2010

RIHANNA - Only girl in the world


Rihanna é unha cantante que naceu en 1998 en Barbados.Empezou a cantar ós sete anos e ós 16 anos trasladouse a Estados Unidos para perseguir unha carreira musical baixo a dirección do produtor musical Evan Rogers. Rihanna nos seus concertos viste dunha forma moi rechamante, ás veces incluso parece que vai disfrazada. Agora leva o pelo pintado de vermello e gústalle chamar moito a atención e crear espectáculo nos seus concertos. A súa música ten influencias de varios estilos como: o reggae, que é un xénero musical que se orixinou en Xamaica como desenrolo do Ska e do Rocksteady. En ocasións utilízase este termo para referirse a diferentes estilos de música xamaicana; tamén está influenciada polo R&B entre outros. O R&B é un xénero musical derivado do jazz, o gospel e o blues. Este termo substituíu ó coñecido como “race records” (gravacións de raza). O R&B foi o predecesor do rock and roll. Ten fortes influencias do jazz. Esta canción e de estilo dance-pop; este é un estilo de música de baile electrónica e un subxénero da música pop, que se desenrolou a partir da música disco ó redor dos 80, que combina ritmos de baile cunha estrutura de canción pop ou R&B. É o primeiro sinxelo do seu 5º álbum de estudo. Persoalmente esta canción é unha das miñas favoritas.Ten un ritmo rápido e constante. É unha melodía agradable para escoitar e tivo moito éxito nas listas musicais de todo o mundo.

Laura Varela González
1ºBACH A

No hay comentarios: