miércoles, 3 de noviembre de 2010

Chacona de J.S. Bach, por Hilary Hahn

Esta peza interprétaa Hilary Hahn. Esta muller empezou a tocar o violín antes de cumprir os 4 anos,era unha nena prodixio.Ten interpretado pezas de Beethoven como o "Concerto para violín e orquestra" entre outras. Gravou 4 discos coa compañía Deutsche Grammophon.Recorreu todo o mundo tocando con orquestras como: a Orquestra Sinfónica de Londres, a Orquestra Filarmónica de Nova York ou a Orquestra Sinfónica de Singapur.Aparte da súa carreira como solista, participou en varios festivais de música de cámara.Hilary toca un violín Vuillaume de 1864.Os violíns barrocos a diferenza dos clásicos non teñen un “resto” de papo nin de ombro .Esta peza foi composta por Johann Sebastian Bach durante o período barroco unha das épocas musicais máis longas e importantes da música occidental,este era un compositor alemán que desempeñou un papel determinante na música alemá durante cerca de dous séculos.A partitura que interpreta Hilary Hahn ten unha forma musical denominada Chacona, que implica variación nunha progresión harmónica corta repetida. A min esta peza paréceme algo aburrida xa que ten un ritmo lento e da sensación de tristeza, e ademais, a violinista(neste caso) non pode amosar a súa destreza tocando o violín aínda que é unha melodía agradable para o oído

Laura Varela González

No hay comentarios: