lunes, 15 de octubre de 2012

O cerebro (1º BACH)

CEREBRO O cerebro é un órgano moi complexo. O cal nos deu a oportunidade de coñecer moitas cousas. O cerebro cambio de volume según foi pasando o tempo, polo cal ten un consumo maior de enerxía. O cerebro controla todas as actividades do corpo humano, así como o pensamento, comportamento e demais actividades. Posúe miles de millóns de células nerviosas chamadas neuronas. O cerebro recibe continuamente información sensorial, rapidamente analiza estes datos e logo responde, controlando as accións e funcións corporais. O cerebro está formado por dous hemisferios cerebrais, estes ocupan a maior parte do cerebro humano. A súa gran superficie o seu complexo desenvolvemento xustifican o nivel superior de intelixencia dos seres humanos . Unha fisura lonxitudinal divide os hemisferios en dereito e esquerdo. A cortiza cerebral presenta unha capa superficial denominada sustancia gris (cortiza cerebral) e unha capa interior denominada sustancia branca. Os investigadores divídena en tres partes: unha consiste nas áreas sensoriais, a segunda é a área motora e a terceira categoría componse das partes restantes da cortiza, que se denominan áreas asociacións. O cerebro posúe estruturas en forma de árbore chamadas células nerviosas ou neuronas, conectadas entre si, que se encargan de activar todos os pensamentos. Os órganos dos sentidos están en distintas partes do cerebro, estes comunícanse co sistema central. PARTES DO CEREBRO Hipotálamo: controla a temperatura interna do organismo. Hipocampo: axuda a recordar cousas que pasaron recentemente. Cerebelo: controla o equilibrio e a postura. Sen el non podería sosterte nin manterte en equilibrio sobre un pé. Tronco cerebral: conecta o encéfalo cosa medula espiñal. Controla funcións fundamentais para a vida como a respiración. Hipófises: segrega hormonas. As hormonas son sustancias químicas especiais que activan certas funcións do organismo.

No hay comentarios: