viernes, 17 de junio de 2022

Vampir, estrea no Espazo Xove de Chantada...


 

Poesía e música...

O pasado mércores 15 de xuño tivemos unha actividade poético-musical na que Juan Manuel Vázquez puxo música e voz a tres poemas de Lois Pereiro e o convidado Antonio Ricón interpretou algunhas das cancións de Bob Dylan. Foi de mañá no Salón de Actos e para alumnado de 3º e 4º da ESO.


 

sábado, 23 de abril de 2022

Taller de poesía con Branca Trigo e Adrián Maceda...


Hoxe é o Día do Libro, e que mellor que celebralo na mañá de onte cun taller de poesía impartido polas poetas Branca Trigo e Adrián Maceda ao alumando de 3º e 4º da ESO do Lama das Quendas. Imensas grazas por unha actividade tan marabillosa!

martes, 8 de marzo de 2022

8M, Día Internacional da Muller 2022

O Día Internacional da Muller 2022 reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. A información máis recente da que dispoñemos permitiunos entender que existe un vínculo fundamental entre xénero, equidade social e cambio climático e recoñecer que, sen igualdade de xénero hoxe, o futuro sostible e equitativo seguirá estando fóra do noso alcance.
No Lama das Quendas estivemos estas pasadas semanas, en colaboración co Departamento de Música e o Club de Lectura "A Quenda do Libro", visualizando e debatendo nas aulas de 4º da ESO o filme "The Punk Singer", un documental centrado na figura de Kathleen Hanna, unha das iconas do movemento feminista punk 'Riot grrrl'.



miércoles, 9 de febrero de 2022

As cantigas de amor de Dom Dinís

Carlos Daniel Machado Dias da aula de Música de 4º de ESO e a profesora Laura Pérez García introducen as cantigas de amor de Dom Dinís sobre a interpretación que o grupo Meendinho fai de "A tal estado m'adusse, Senhor".

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amor-dom-dinis-audios-mp3_rf_82027979_1.html

As cantigas de amigo de Martín Códax

Inés Riocabo González da aula de Música de 4º de ESO introduce as cantigas de amigo de Martín Códax sobre a interpretación que Eduardo Paniagua e Calamus fai de "Ondas do mar de Vigo" na súa gravación "Medieval Women's Songs" de 1997.

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amigo-martin-codax-audios-mp3_rf_82027600_1.html