Mostrando entradas con la etiqueta a fume de qarozo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta a fume de qarozo. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de noviembre de 2022

Día das escritoras 2022 (III)

Recitado de "Lía e as zapatillas de deporte" de María Reimóndez nas voces do alumnado de 1º ESO B da profesora de Lingua e Literatura Galega María Tareixa de Castro Rodríguez, con música composta por Juan Manuel Vázquez.

Día das escritoras 2022 (II)

Recitados de Safo polas alumnas de Grego de 1º de Bacharelato e a súa profesora María Inés Rodríguez López. Voces de Ruth Domínguez Lorenzo, Alba López Saa, Fátima Oulbaraka, Claudia Salgado Negral e Lucía Taboada Martínez.

Noel Cortiñas Vallo e Jonathan Machado Dias de Proxecto Competencial de 3º de ESO na técnica.

lunes, 17 de octubre de 2022

Día das escritoras 2022 (I)

Recitado de textos de Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Gloria Fuertes, Ledicia Costas e Stephanie Meyer por alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial, nunha actividade conxunta entre a Biblioteca, o Club de Lectura "A Quenda do Libro" e o Departamento de Música do IES Lama das Quendas de Chantada. Voces de Mario Tiago Machado Dias, Kholoud Lahrach Chanaa, Érika Águila Fernández, Pablo Blanco López, Isaac Taboada Fernández, Artai López Sanmartín, Brian Águila Fernández, Erea Guitián Fernández e Leonor Pacheco Gay. Noel Cortiñas Vallo (3º de ESO de Proxecto Competencial) na produción técnica.

Música "Quantas sabedes amar amigo" de Martím Códax (s. XIII), con arranxo de Juan Manuel Vázquez.

miércoles, 9 de febrero de 2022

As cantigas de amor de Dom Dinís

Carlos Daniel Machado Dias da aula de Música de 4º de ESO e a profesora Laura Pérez García introducen as cantigas de amor de Dom Dinís sobre a interpretación que o grupo Meendinho fai de "A tal estado m'adusse, Senhor".

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amor-dom-dinis-audios-mp3_rf_82027979_1.html

As cantigas de amigo de Martín Códax

Inés Riocabo González da aula de Música de 4º de ESO introduce as cantigas de amigo de Martín Códax sobre a interpretación que Eduardo Paniagua e Calamus fai de "Ondas do mar de Vigo" na súa gravación "Medieval Women's Songs" de 1997.

https://www.ivoox.com/as-cantigas-amigo-martin-codax-audios-mp3_rf_82027600_1.html 

miércoles, 7 de abril de 2021

"Concerto para mandolina en Do Maior RV 425", A. Vivaldi

Traballo feito por Asma Oulbaraka sobre o "Concerto para mandolina en Do Maior RV 425" de A. Vivaldi para a materia de Hª da Música e a Danza, curso 2020/2021.

miércoles, 17 de marzo de 2021

Os 70s na música popular urbana

Ángela Diéguez Fernández, Isaac Pardo Fernández, Óscar Otero López e Sara Vázquez Carballo fan catro reseñas de catro cancións dos anos 70 do pasado século XX para a materia de Música en 4º da ESO.

jueves, 16 de abril de 2020

Nestes estraños tempos de pandemia seguimos a traballar dende a casa no proxecto de radio que comezamos este ano no instituto... Se hai uns meses o alumnado de LPM de 1º de Bacharelato facían reseñas dos seus discos favoritos, desta volta veñen coas súas preferenzas dentro do panorama musical galego...

Ánimo e forza! Que xa queda menos!

https://www.ivoox.com/podcast-musica-na-lama_sq_f1825227_1.html

lunes, 20 de enero de 2020

Reseñas musicais...

Este curso comezamos cun pequeno proxecto de radio que demos en chamar, homenaxeando aquel programa de televisión que fixemos hai algúns anos con TeleVinte, A FUME DE QAROZO, e nel, entre outras cousas, tamén hai espazo para reseñas musicais.

Velaquí as do alumnado de LPM de 1º de Bacharelato...

A FUME DE QAROZO