Velaquí unha mostra das actividades desta biblioteca escolar en colaboración cos departamentos de Debuxo e Música e en coordinación coa vicedirección do centro:
- A pé de terra: obradoiro arredor da emigración e as lembranzas musicais con Silvia García para alumnado de Expresión Artística, Música e Debuxo Técnico de 4º ESO e 1º BAC.
- Descensos: encontro do alumnado de Música de 4º ESO cos autores da curtametraxe e mostra de aparellos de gravación de imaxe e son dos anos '70.
- Emilio Villalba e Sara Marina: encontro virtual do alumnado de Hª da Música e a Danza de 2º BAC con estes intérpretes de músicas antigas.
- Asier de Benito: encontro virtual do alumnado de Hª da Música e a Danza de 2º BAC con este violeiro de instrumentos antigos.
Seguimos!!!
martes, 17 de noviembre de 2026
Un outono de actividades...
miércoles, 9 de septiembre de 2026
lunes, 15 de junio de 2026
Dun sol menor a unha fría lúa...
Aitana Blanco Faílde, Vega Meiriño Gómez e Sara Prado Frías entrevistan ao profesor de Música Juan Manuel Vázquez partindo da audición da "Sinfonía n° 40 en sol menor, KV 550" de Wolfgang Amadeus Mozart.
Este traballo co alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato do Lama das Quendas encádrase no Proxecto Vinilo que, dende a Biblioteca Escolar do centro, rescata xoias esquecidas do noso Arquivo Histórico.
https://go.ivoox.com/rf/175560794
miércoles, 3 de junio de 2026
Do septimino aos anos 80...
Pablo López Díaz, Hugo Montes López e Abel Pérez Cortiñas entrevistan ao profesor de Xeografía e Historia Jorge González Lemos partindo da audición do "Septimino en Mi Bemol Maior, Op. 20" de Ludwig van Beethoven.
Este traballo co alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato do Lama das Quendas encádrase no Proxecto Vinilo que, dende a Biblioteca Escolar do centro, rescata xoias esquecidas do noso Arquivo Histórico.
https://go.ivoox.com/rf/174913049
martes, 2 de junio de 2026
Dun clarinete a un milagre...
Laura dos Santos Mosteiro, Diego Rodríguez Vázquez e Estela Simón López entrevistan á profesora de Lingua Castelá e Literatura Laura Pereira Domínguez partindo da audición do "Concerto para clarinete en La maior, KV 622" de Wolfgang Amadeus Mozart.
Este traballo co alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato do Lama das Quendas encádrase no Proxecto Vinilo que, dende a Biblioteca Escolar do centro, rescata xoias esquecidas do noso Arquivo Histórico.
https://go.ivoox.com/rf/174758462



