miércoles, 12 de marzo de 2025

MANUAL DE COMBATE no Lama das Quendas...

O pasado venres 7 de marzo estivo no centro a banda chilena de hardcore experimental MANUAL DE COMBATE. Aproveitando a súa xira europea, pasaron pola nosa biblioteca para ter unha charla-encontro co alumnado de Música de 3º e 4º da ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.

Tivemos ocasión de coñecer, de primera man, o seu estilo vargandista de facer música e a súa ética "faino-ti-mesmx" (DIY), así como o que se coce en tan lonxanas terras.

Grazas a todas as persoas e colectivos que o fixeron posíbel: FICH, Casino, Cinema Palleiriso, Nigra Mors, I don't give a fuck, así como á directiva do centro por todas as facilidades.

viernes, 29 de noviembre de 2024

25N no Lama das Quendas...


NON É AMOR
 
Por que, nos contos que gardabas, eu era a devorada,
por que, na imaxe do amor puro, a moza estaba morta,
por que, no mito que teciches, urdiches o abandono,
por que, no afán de posuírme, cegaches os meus ollos.
 
Mírame agora que son silencio, eternidade,
mira o meu corpo branco, case azul na quietude,
son Ofelia de novo aboiando nas augas,
arrastrada na historia dun mundo á túa imaxe.
Ofelia case azul, xa para sempre muda,
inmóbil perfección de obxecto posuído.
Ergue a man, Ofelia, esa man que aínda leva
o sangue, a pel, a proba do delirio covarde.
 
Como se pode amar o camiño da morte,
como se pode amar o silencio do medo.
Que non, non é amor ese velo de sombra,
non, non é amor a negación do soño,
non, non é amor o desprezo estridente,
non, non é amor a voz que todo cala,
non pode ser amor esa ventá escura,
pois non, non é amor esa porta fechada.
 
Non te quero máis branca, nin azul, nin silencio,
non te quero aboiando nese río de sombra.
Érguete Ofelia, esperta e renega do conto,
non cegues os teus ollos, que o corpo che pertence,
renega dese mito que mata as túas entrañas,
renega do amor puro que te viste de morte.
 
Dacosta, Marta. (2011). Acuática alma. Espiral Maior.

martes, 26 de noviembre de 2024

jueves, 21 de noviembre de 2024

Documental do Lamañazo Rock #1

Documental da primeira edición do Lamañazo Rock, festival escolar feito no terceiro trimestre do curso 2022/2023 nas aulas de Música de 4º ESO ao abeiro do Castañazo Rock.

https://www.youtube.com/watch?v=D262YVX5SqU

martes, 19 de noviembre de 2024

martes, 22 de octubre de 2024

Presentación do documental do primeiro Lamañazo...

 Presentación do documental da primeira edición do Lamañazo no Cinema Palleiriso en Garabelos da man do Castañazo Rock.

Grazas a todas as persoas que por alí se pasaron a compartir verbas e opinións, cantos, músicas e poemas.

E grazas Anxo Moure por deixarnos unha vez máis o teu espazo para argallar cousas...