Nestas semanas no Lama das Quendas estamos a celebrar a nosa homenaxe á lírica galego-portuguesa con varias actividades:
1-. Exposición “Cantigas de Santa Maria” da BDBanda do 19 de febreiro ao 9 de marzo.
2-. Recitais comentados com instrumentos antigos: oud, sinfonía, cítola e psalterio (1º de Bacharelato), os días 7 e 9 de marzo de 12:35 a 13:25.
3-. Cinema mudo “L’Inferno” de Dante (4º E.S.O.), os días 5 (de 11:45 a 12:35) e 7 (de 13:25 a 14:15) de marzo.
4-. Almorzo medieval o 9 de marzo no tempo de lecer.
miércoles, 28 de febrero de 2018
lunes, 8 de mayo de 2017
viernes, 7 de abril de 2017
lunes, 3 de abril de 2017
Semana Astronómica!!!
Estamos de "Semana Astronómica" no Lama das Quendas!!! Nesta semana teremos as seguintes actividades:
- Exposición de “Visions of the future” da NASA, cartaces explicativos de planetas e satélites do noso Sistema Solar e doutros recunchos do Universo.
- Exposición da relación Música e Astronomía a través da historia, feita por alumnado de 2º de ESO (coa profesora Laura Millón) e 1º de bacharelato.
E o martes 4, conferencia de Dositeo Veiga (astro-físico, redactor da revista Astronomía e traductor o galego da páxina APOD da NASA) e un taller de observación solar cun proxector e un telescopio solar.

Wilhelm Herschel, foi un astrónomo e músico xermano-británico,
descubridor do planeta Urano e doutros numerosos obxectos celestes.
jueves, 19 de enero de 2017
MCarballo no Lama das Quendas!!!
Hoxe pasaron polas aulas de Música de 4º de ESO e Bacharelato do IES Lama das Quendas o gran Manuel Carballo (guitarra acústica e banjo) con Alfonso Aydillo (guitarras slide-resonadoras), nun concerto didáctico no que falaron dos inicios da música blues, gospel, country, bluegrass, jazz... Grandes, moi grandes!
Veñen a unirse a un listado (que pouco a pouco vai medrando) de músicxs que compartiron o seu arte e oficio co alumnado da bisbarra chantadina: David Prego (guitarra clásica), Stefan Ramm (ex-batería dos xermanos DRENGSKAPUR), Irma Fernández Alonso (tecla), Jonathan E. Sosa (batería dos, entre outros, mexicanos ERESHKIGAL e FOREST OF DOOM), Emilio Villalba e Sara Marina Borrego (músicas antigas) e Monica de Nut (canto).
www.mcarballo.com

domingo, 18 de diciembre de 2016
miércoles, 12 de octubre de 2016
APHONNIC "Ombligos" xa desvelado!
Ven de saír a presentación do novo traballo de APHONNIC, o videoclip "Ombligos", onde alumnado de música do curso pasado de 4º de E.S.O. e 1º de Bacharelato do Lama das Quendas de Chantada fai os coros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)