Neste curso o alumnado de Música de 4º de E.S.O. está a traballar en pequenos grupos diversos proxectos musicais nos que deberán de abordar a creación, gravación e edición dunha pequena maqueta, co seu correspondente videoclip promocional... E xa van chegando as primeiras propostas!!!
Hoxe martes estivo Mónica de Nut no instituto cuns talleres de voz para o alumnado de Música de 4º de E.S.O. e 1º de bacharelato...
Por desgraza, dispuxemos de pouco tempo, mais moi ben aproveitado! Un mundo de posibilidades se pode abrir a partires de agora... quen sabe? para alguén, cecais hoxe foi O COMEZO...
Por fin está a piques de desvelarse esta historia de terror escolar que no pasado curso gravamos co alumnado de música de 4º de ESO e parte do persoal docente e non docente do IES.
Para abrir boca, tedes un trailer no seguinte enlace: