martes, 10 de junio de 2025

Lamañazo Rock #3: DJ Laura...


Documental "20 anos de bravío" no Lama das Quendas...


Onte luns 9 de xuño o alumnado de 3º ESO e 4º PDC, da man de Antón Fente (Lingua Galega e Literatura), Cristina Ouro (Debuxo) e Juan Manuel Vázquez (Música), visualizou o documental "20 anos de bravío" de Anna Diz, tralo que houbo un pequeno coloquio para falar da ética faino-ti-mesmx (DIY), do asociacionismo, da música bravú, do Castañazo...

Deuse comezo, polo tanto, á semana da terceira edición do Lamañazo Rock!!!

miércoles, 12 de marzo de 2025

MANUAL DE COMBATE no Lama das Quendas...

O pasado venres 7 de marzo estivo no centro a banda chilena de hardcore experimental MANUAL DE COMBATE. Aproveitando a súa xira europea, pasaron pola nosa biblioteca para ter unha charla-encontro co alumnado de Música de 3º e 4º da ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.

Tivemos ocasión de coñecer, de primera man, o seu estilo vargandista de facer música e a súa ética "faino-ti-mesmx" (DIY), así como o que se coce en tan lonxanas terras.

Grazas a todas as persoas e colectivos que o fixeron posíbel: FICH, Casino, Cinema Palleiriso, Nigra Mors, I don't give a fuck, así como á directiva do centro por todas as facilidades.