miércoles, 25 de mayo de 2016

HARX xa están aquí!

Outra das propostas musicais feita polo alumnado de Música de 4º de E.S.O. é o proxecto punk rock de Ángela, Raquel, Helena e Xurxo... HARX! Letras directas e sen compromiso algún no seu tema "Defekación"... E para que máis!


jueves, 19 de mayo de 2016

No novo disco de APHONNIC...

Hoxe xoves 19 de maio de 2016, o alumnado de Música de 4º de ESO e 1º de bacharelato acudiu aos Estudios Mafia de Partovia, O Carballiño para gravar os coros do novo disco da banda viguesa de metal APHONNIC, actividade que parece vai ser habitual... E todo, grazas ao grande Óscar Fernández "Chichi", que sempre se lembra de nós para estes mesteres...