lunes, 10 de junio de 2013

Música Reciclada

Velaquí tedes varias composicións musicais feitas polo alumnado de Música de 4º de ESO do curso 2012/2013, e interpretadas con instrumentos construídos con material de refugallo.

Quen dixo que co lixo non se pode facer Música?


sábado, 13 de abril de 2013

NAO "Pedagoxía do opresor"

O prometido é débeda! Así que velaquí o tema da banda santiaguesa NAO que, no seu último traballo "Cancións de amor e liberdade" (gravado nos Mafia Estudios de Partovia, O Carballiño), incluíron o tema "Pedagoxía do opresor" no que colaboran cos coros (a partires do minuto 2:30) o alumnado de Música de 4º de ESO deste curso 2012/2013. Desfrutádeo!!!


E máis videoclips de 4º de ESO!!!


miércoles, 6 de marzo de 2013

Encontro Didáctico con Jonathan Eduardo Sosa

O vindeiro venres 15 de marzo, o alumnado de Música de 4º da ESO terá un encontro co batería mexicano das bandas ERESHKIGAL e FOREST OF DOOM, Jonathan Eduardo Sosa, quen ofrecerá unhas nocións básicas de batería e percusión, así como a súa visión sobor a escea musical mexicana e sobor o que significa ser semi-profesional da música na sociedade actual.


viernes, 15 de febrero de 2013

Led Zeppelin: Immigrant Song


No curso de 4º ESO I, estamos a facer vídeos musicais propios sobre cancións que nos gustan. Velaquí o primeiro deles, feito por Eva, Tania, Sandra, Alba e Maytane, sobre a canción "Immigrant song" dos británicos Led Zeppelin.