lunes, 18 de marzo de 2013
miércoles, 6 de marzo de 2013
Encontro Didáctico con Jonathan Eduardo Sosa
O vindeiro venres 15 de marzo, o alumnado de Música de 4º da ESO terá un encontro
co batería mexicano das bandas ERESHKIGAL e FOREST OF DOOM, Jonathan Eduardo
Sosa, quen ofrecerá unhas nocións básicas de
batería e percusión, así como a súa visión sobor a escea musical mexicana e
sobor o que significa ser semi-profesional da música na sociedade actual.
viernes, 15 de febrero de 2013
Led Zeppelin: Immigrant Song
No curso de 4º ESO I, estamos a facer vídeos musicais propios sobre cancións que nos gustan. Velaquí o primeiro deles, feito por Eva, Tania, Sandra, Alba e Maytane, sobre a canción "Immigrant song" dos británicos Led Zeppelin.
lunes, 28 de enero de 2013
Os finalistas de Relatos con Banda Sonora
Presentamos aos tres alumnos de 2º de ESO finalistas do concurso de Relatos con Banda Sonora.
Dende o 29 de xaneiro ata o día 1 de febreiro calquera alumno do centro pode votar na urna que estará a vosa disposición diante da aula de música durante os recreos. Haberá unhas papeletas nas que elixiredes ao que máis vos guste dos tres finalistas e nas que escribiredes o voso nome, apelidos e curso (para evitar duplicidade de votos).
viernes, 25 de enero de 2013
Estudios Mafia
O pasado 24 de xaneiro, o alumnado de 1º e 3º de ESO pasou polos estudos de gravación de Mafia Records, en Partovia (O Carballiño, Ourense), para que o seu dono, Óscar Fernández, lles explicase o funcionamento do mesmo, así como algúns pormenores da gravación dun disco.
E o día 30, mércores, estarán os de 2º e 4º de ESO. Estes últimos participarán, ademais, na gravación do novo disco de NAO... mais non adiantemos acontecementos...
lunes, 21 de enero de 2013
miércoles, 12 de diciembre de 2012
Música Popular Urbana (4º ESO II)
Hoxe toca un vídeo feito polo alumnado de música do grupo II de 4º de ESO, no que, por medio de beatbox, representaron nas pasadas semanas diferentes estilos musicais da chamada "música popular urbana"... Desfrutádeo!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


