viernes, 12 de diciembre de 2025

A música no Renacemento II

Tres podcasts feitos polo alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato do Lama das Quendas, curso 2025/2026.
 
i. Santiago, Mateo e José Antonio: G. P. da Palestrina
ii. Víctor, Hugo e Miguel R.: Orlando di Lasso
iii. Diego, Vanessa e Tim: Tomás Luis de Victoria

https://go.ivoox.com/rf/164190856

A música no Renacemento I

Cinco podcasts feitos polo alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato do Lama das Quendas, curso 2025/2026.
 
i. Xabier, Pablo C. e Miguel F.: Guillaume Dufay
ii. Aitana, Noa M. e Sara: Johannes Ockeghem
iii. Uxía, Vega e Noa R.: Josquin des Prez
iv. Abel: Juan del Enzina
v. Pablo L, Laura e Estela: Cristóbal de Morales

https://go.ivoox.com/rf/164190793


jueves, 23 de octubre de 2025

Día das Mulleres Escritoras 2025

Anyeli Márquez Ramos, Ayesha Ali Leiva, Judit Sánchez Carreira, Teixo Ocaña Moure e Elena García Varela len textos de Luz Pozo Garza, Margarita Ledo Andión, María do Carme Kruckenbert (dous poemas) e Salma Jadra al-Yayyusi no Día das Mulleres Escritoras 2025.

martes, 10 de junio de 2025

Lamañazo Rock #3: DJ Laura...


Documental "20 anos de bravío" no Lama das Quendas...


Onte luns 9 de xuño o alumnado de 3º ESO e 4º PDC, da man de Antón Fente (Lingua Galega e Literatura), Cristina Ouro (Debuxo) e Juan Manuel Vázquez (Música), visualizou o documental "20 anos de bravío" de Anna Diz, tralo que houbo un pequeno coloquio para falar da ética faino-ti-mesmx (DIY), do asociacionismo, da música bravú, do Castañazo...

Deuse comezo, polo tanto, á semana da terceira edición do Lamañazo Rock!!!

miércoles, 12 de marzo de 2025

MANUAL DE COMBATE no Lama das Quendas...

O pasado venres 7 de marzo estivo no centro a banda chilena de hardcore experimental MANUAL DE COMBATE. Aproveitando a súa xira europea, pasaron pola nosa biblioteca para ter unha charla-encontro co alumnado de Música de 3º e 4º da ESO e de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato.

Tivemos ocasión de coñecer, de primera man, o seu estilo vargandista de facer música e a súa ética "faino-ti-mesmx" (DIY), así como o que se coce en tan lonxanas terras.

Grazas a todas as persoas e colectivos que o fixeron posíbel: FICH, Casino, Cinema Palleiriso, Nigra Mors, I don't give a fuck, así como á directiva do centro por todas as facilidades.