lunes, 3 de abril de 2017

Semana Astronómica!!!

Estamos de "Semana Astronómica" no Lama das Quendas!!! Nesta semana teremos as seguintes actividades:

- Exposición de “Visions of the future” da NASA, cartaces explicativos de planetas e satélites do noso Sistema Solar e doutros recunchos do Universo.
- Exposición da relación Música e Astronomía a través da historia, feita por alumnado de 2º de ESO (coa profesora Laura Millón) e 1º de bacharelato.

E o martes 4, conferencia de Dositeo Veiga (astro-físico, redactor da revista Astronomía e traductor o galego da páxina APOD da NASA) e un taller de observación solar cun proxector e un telescopio solar.

Wilhelm Herschel, foi un astrónomo e músico xermano-británico,
descubridor do planeta Urano e doutros numerosos obxectos celestes.

jueves, 19 de enero de 2017

MCarballo no Lama das Quendas!!!

Hoxe pasaron polas aulas de Música de 4º de ESO e Bacharelato do IES Lama das Quendas o gran Manuel Carballo (guitarra acústica e banjo) con Alfonso Aydillo (guitarras slide-resonadoras), nun concerto didáctico no que falaron dos inicios da música blues, gospel, country, bluegrass, jazz... Grandes, moi grandes!
Veñen a unirse a un listado (que pouco a pouco vai medrando) de músicxs que compartiron o seu arte e oficio co alumnado da bisbarra chantadina: David Prego (guitarra clásica), Stefan Ramm (ex-batería dos xermanos DRENGSKAPUR), Irma Fernández Alonso (tecla), Jonathan E. Sosa (batería dos, entre outros, mexicanos ERESHKIGAL e FOREST OF DOOM), Emilio Villalba e Sara Marina Borrego (músicas antigas) e Monica de Nut (canto).

www.mcarballo.com